CRTVG

Buscar

Galicia volve superar os 600 contaxios novos e reduce lixeiramente os casos activos

Publicado o 13/11/2020 10:06

• Baixa a hospitalización total, aínda que medran os pacientes en UCI

Sete persoas morreron pola infección nas últimas 24 horas

Galicia volve superar os 600 contaxios novos e reduce lixeiramente os casos activos

O número de novos contaxios de coronavirus confirmados por PCR en Galicia nas últimas 24 horas sobe notablemente, ata os 611 casos. Son 88 máis ca os que se rexistraban o día anterior, a pesar de que o número de probas realizadas, 8.324, só supera en 196 as que se fixeron na xornada previa.

Os pacientes con infección activa de coronavirus redúcese en 22, ata un total de 9.532 persoas con contaxio activo. A maior parte delas permanecen nos seus domicilios. 

 

Baixan os casos activos

As áreas sanitarias de Pontevedra e Vigo son as únicas que rexistran un incremento de casos activos. No resto redúcese a incidencia. 

Menos persoas en planta, máis nas UCI

Redúcese o número total de enfermos hospitalizados. Son 590 en total, 14 menos ca onte, pola redución de pacientes ingresados en planta (494 fronte aos 514 da xornada anterior). Con todo, a ocupación en UCI increméntase en seis persoas e sitúase en 96.

A cifra de falecementos incrementouse en sete vítimas máis, e sitúa o número total en 1.046.

 

Mapa de niveis de alerta