CRTVG

Buscar

Galicia volve aos avisos por chuvia intensa, vento e ondada

Publicado o 17/02/2021 21:38

O bo tempo das últimas horas durou pouco, Galicia está de novo en aviso por chuvia intensa.

Toda a comunidade, agás a provincia de Lugo, soporta hoxe chuvia de máis de 40 litros por metro cadrado e vento forte, con refachos que poden superar os 80 km por hora. Hai aviso amarelo por vento en toda a comunidade, laranxa en Ourense, xa que os refachos poden superar os 100 km/h.

A previsión é que o tempo non mellore nas vindeiras horas, de feito espérase que o venres empeore e haxa aínda máis vento e, na costa, espéranse ondas de máis de cinco metros.

Noticias web

17/02/2021