CRTVG

Buscar

Galicia vivirá outra semana de tempo seco e poucas nubes

Publicado o 21/04/2017 14:04

En localidades coma Pontevedra acadaranse hoxe os trinta graos, case a máxima de Galicia

Galicia terá outra fin de semana de tempo seco e poucas nubes. Hoxe xa aumentaron as temperaturas en todo o país.

En localidades coma Pontevedra acadaranse hoxe os trinta graos, case a máxima de Galicia.

Ademais de máis sensación de calor, tamén está a disminuír a intensidade do vento que estes días azoutaba as costas de Lugo e da Coruña. O domingo podería haber algunha brétema, pero non choverá e as temperaturas serán altas. En xeral será unha boa fin de semana para gozar da praia e das viaxes ás illas Cíes, que continúan este sábado e domingo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017