Segunda xornada de loito en Galicia polo pasamento de Valeriano Martínez

Segunda da xornada de loito polo falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, quen morreu este mércores aos 60 anos tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria no seu despacho.
As bandeiras dos principais edificios oficiais, a Xunta ou o Parlamento galego entre elas, ondean a media hasta e así estarán ata este sábado para "manifestar o sentimento do pobo galego" por esta morte, segundo sinala o decreto aprobado este xoves polo Goberno galego.
Un loito co que o Executivo autonómico quixo "facer público a dor dos seus membros e de toda a cidadanía" ante este repentino falecemento, que paralizou onte a vida institucional e que causou conmoción non só entre a clase política.
As funcións que desempeñaba Valeriano Martínez recaerán agora de maneira temporal no vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, mentres non sexa nomeado un novo conselleiro.
O funeral por Valeriano Martínez, nacido en Aldán (Cangas) en 1961, celebrarase este venres na localidade de Bueu, onde residía.