CRTVG

Buscar

Galicia recibe 268 millóns de euros da primeira repartición dos fondos COVID-19

Publicado o 22/07/2020 10:44

O Boletín Oficial do Estado publica este mércores a repartición definitiva entre as comunidades e cidades autónomas dos primeiros 6.000 millóns do fondo COVID-19 creado polo Goberno para facer fronte á incidencia orzamentaria derivada da crise.

Este fondo excepcional non reembolsable, que as autonomías non terán que devolver ao Estado, ascende a un total de 16.000 millóns de euros, dos que os primeiros 6.000 deberán ser destinados a sufragar gastos de sanidade.
O 35 por cento destes primeiros fondos distribuíuse segundo a poboación protexida equivalente, o 30 por cento en función dos ingresos en UCI, o 25 por cento polo número de hospitalizacións e o dez por cento restante segundo o número de probas PCR realizadas por cada unha das comunidades.
Ademais dos 6.000 millóns que comezarán a ser distribuídos xa entre as comunidades autónomas, o fondo COVID-19 inclúe outros 3.000 para sanidade que serán repartidos en novembro, 2.000 para educación e 5.000 para paliar a perda de ingresos tributarios e no transporte.
Esta é a distribución definitiva entre as comunidades autónomas do primeiro treito do fondo:
Andalucía 597.610.280
Aragón 146.580.330
Asturias 106.103.081
Baleares 104.536.052
Canarias 158.979.047
Cantabria 64.712.950
Castela-A Mancha 319.263.560
Castela e León 349.156.042
Cataluña 1.246.525.083
Comunidade Valenciana 449.632.010
Estremadura 96.000.050
Galicia 268.111.032
Madrid 1.495.746.470
Murcia 98.164.460
Navarra 88.728360
País Vasco 328.630.880
A Rioxa 57.517.280
Melilla 12.000.000
Ceuta 12.000.000
A Xunta veo insuficiente
Non ten en conta o gasto en atención primaria nin a dispersión da poboación. E representa o 4,47 por cento da primeira entrega total para todas as comunidades, que ascende a 6000 millónas de euros.