Galicia demándalle ao Goberno un protocolo para a retirada das máscaras en exteriores
Haberá que agardar como mínimo ao consello interterritorial da semana que vén para coñecer os avances na relaxación da máscara no exterior. A ministra de Sanidade resistiuse a dar unha data concreta.
É a resposta de Sanidade ante a presión da maioría das comunidades autónomas para a retirada da protección facial. Entre elas, Galicia, que pide un protocolo nacional e xa traballa na elaboración da súa propia proposta en base á opinión dos expertos.
Entre os epidemiólogos e científicos hai quen ve a medida prematura. Outros cren que é posible en determinados lugares e situacións.
A noticia é moi agardada na rúa, sobre todo desde que comezou a calor. Por riba dos plans que xa avanzaron a maioría das autonomías, na fin da protección está a lei nacional que obriga a levar a máscara.