CRTVG

Buscar

'Galicia, un relato no mundo' será a primeira grande exposición do Xacobeo

Publicado o 22/07/2019 20:38

Vai ser unha das poucas ocasións de reunir tres dos catro Códice Calixtino iluminados, dos 4 que existen no mundo, ou de ver un mapamundi do seculo XII. 'Galicia, un relato no mundo' anúnciase como a primeira gran exposición do Xacobeo 21 que pretende romper coa idea da Galicia illada. Esta mañá presentábase no Museo Gaiás. Máis de 300 pezas de 8 países que poderemos ver a partir do 8 de novembro.

Achegarnos a historia, os mitos e o nacemento da nosa identidade a través de guías de viaxe, mapamundis, cancioneiros do século XII ou dos manuscritos de Exeria, a primeira escritora coñecida da Península Ibérica. Está será a proposta de 'Galicia, un relato no mundo'.

Máis de 300 pezas, de 66 entidades de Europa e América e tamén de coleccións privadas conforman este relato. Entre elas, pezas únicas, algunhas que saen por primeira vez do seu país, como o Libro das Invasións do Trinity College de Dublín, onde se atopa a primeira mención coñecida de Breogán. Cada peza, unha historia.

A tecnoloxía, con sistemas inmersivos, proxeccións interactivas e realidade aumentada, permitiranos esta viaxe no tempo ata a 'célula da universalidade' da que xa falaban o galeguistas.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019