CRTVG

Buscar

Galicia triplica a media española de exportación a países europeos

Publicado o 12/03/2019 15:33

Seguen medrando as exportacións en Galicia, a países europeos son tres veces máis ca a media española. Unha cifra moi salientable é, segundo o barómetro exportador de Galicia, a das vendas de empresas galegas a países emerxentes, como O Brasil e Marrocos, que creceron nove veces máis que a media española.

No 2018 as exportacións na industria da automoción en Galicia medran sete veces máis ca no conxunto de España. Este sector xunto co téxtil supoñen a metade das exportacións totais.

Noticias web

12/03/2019