Galicia potenciará a imaxe de destino turístico seguro
Se todo vai ben, para volver ás praias en Galicia teremos que agardar a xuño. Todo apunta que este verán o turismo será de proximidade. O sector ten que reinventarse para gañar a confianza dos clientes.
A nova normalidade esixe que todos os sectores se reinventen, e o exemplo máis evidente é o do turismo. Adaptarse ás esixencias sanitarias e reforzar as medidas hixiénicas son os primeiros pasos. A Xunta quere facer deste desafío unha vantaxe, e identificar a Galicia como destino seguro.
Se se mantén o plan previsto, a principios de xuño poderase ir ás praias. Máis lonxe está a apertura de fronteiras, polo que todo apunta que este será un verán de turismo de proximidade.
A medio prazo, as olladas están postas no Ano Santo. O sector teme que o medio millón de preregrinos previstos quede na metade, por iso Turismo traballa xa no Xacobeo pospandemia.