CRTVG

Buscar

Galicia saca a terceira mellor nota en lectura nun informe PISA anómalo

Publicado o 23/07/2020 18:57
Galicia saca a terceira mellor nota en lectura nun informe PISA anómalo

O alumnado galego saca a terceira mellor nota en lectura de todo o Estado. Segundo o informe PISA da OCDE, Galicia só se sitúa por detrás de Castela e León e Asturias. Malia todo, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico advirte da existencia de anomalías na elaboración do estudo. De feito, atrasouse a publicación tras detectárense respostas de estudantes que non reflectían o seu nivel real de competencia. Segundo explica, amosaron unha actitude negativa porque a avaliación coincidiu con outros exames da ESO.

Noticias web

23/07/2020