CRTVG

Buscar

A Xunta propón aumentar unha hora a materia de educación física

Publicado o 21/01/2020 15:16

Dous mil rapaces participaron este mañá nas probas de campo a través que organiza a Xunta dentro do Plan Xogade, un programa con 40 modalidades deportivas coas que queren educar os nenos na importancia do exercicio máis alá da competición.

Esta mañá, Alberto Núñez Feijóo anuncia para o vindeiro curso outras medidas para aumentar a actividade física dentro e fóra do horario lectivo e nos recreos. O presidente convida o Goberno central a sumar unha hora de exercio en primaria, secundaria e bacharelato.

Segundo os útimos datos da Enquisa Nacional de Saúde a taxa de exceso de peso e obesidade aumentou en España entre o 2012 e o 2017 ata o 28,5%, mentres que en Galicia baixou do 36,6 por cento, ata o 23,3%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020