Galicia ten máis do 93 % da poboación diana coa pauta completa da vacina
Publicado o 24/10/2021 20:18
O proceso de vacinación continúa nos hospitais do Servizo Galego de Saúde cos convocados para a segunda dose aínda pendente e tamén cos maiores de 12 anos que solicitaron a cita.
Nas últimas horas administráronse 1.414 doses. Algo máis da metade foron para completar a pauta daquelas persoas que aínda non recibiran a vacina completa. O resto de casos correspóndense con persoas que acudiron sen cita ou que a xestionaron por petición propia.
En total, o 93,32 % da poboación diana, maior de 12 anos, está xa inmunizada en Galicia.