CRTVG

Buscar

Galicia ten máis de 460 casos activos de coronavirus en residencias de maiores

Publicado o 10/01/2021 17:44

A directora desta residencia de Tui "Paz y Bien" tutelada polas irmás franciscanas cóntanos fóra da cámara que nas últimas 24 horas a situación non variou. Segue habendo 39 anciáns coa covid-19 e 10 coidadoras. A maioría son asintomáticos e os que presentan síntomas son de carácter leve. Polo de agora non foi necesaria a hospitalización de ningún deles e, tamén polo momento, non será necesaria a intervención da Xunta.

Galica ten máis de 460 casos activos nas súas residencias de maiores. As que máis preocupan son a residencia DomusVi de Vimianzo, que volve ser o centro con máis afectados, con case cen casos activos. Séguelle en número de casos diagnosticados por PCR a residencia da Pastoriza en Lugo.

En Verín este sábado coñeciamos un novo gromo, o do Fogar Residencial Santa María de Verín. Entre maiores internos e coidadores hai 30 casos activos de coronavirus.

Noticias web

10/01/2021