CRTVG

Buscar

Galicia supera o número de falecidos da primeira vaga da covid tras sumar 10 novas mortes

Publicado o 04/12/2020 21:12

• Desde o inicio da pandemia faleceron 1.246 persoas con coronavirus

• A primeira onda deixou 619 vítimas, a segunda xa alcanzou as 627

Continúan reducíndose os casos activos de covid-19 (-283)

Galicia supera o número de falecidos da primeira vaga da covid tras sumar 10 novas mortes

O Sergas notificou o falecemento de 10 persoas nas últimas horas en Galicia que foran diagnosticadas por coronavirus. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Coas novas mortes rexistradas, o total de falecidos desde o inicio da pandemia ascende a 1.246.

Así as cousas, as vítimas mortais do virus na comunidade durante esta segunda vaga (627) da pandemia xa superan as da primeira (619).

En hospitais faleceron un home de 69 anos, no CHUAC; unha muller de 93 anos, no CHUAC; unha muller de 91 anos, no CHUS; unha muller de 94 anos, no CHUF; un home de 86 anos, no CHUVI, e unha muller de 74 anos, no CHUVI.

En centros residenciais as vítimas son unha muller de 82 anos, unha muller de 96 anos, un home de 80 anos e unha muller de 93 anos. Todos eles na Residencia de Vilalba.

Estes falecidos da Residencia de Vilalba correspondénse co período da segunda quincena do mes de novembro e o que vai de decembro, que por mor dunha incidencia informática non se validaron con anterioridade.