CRTVG

Buscar

Galicia supera os cen mortos por gripe desde outubro, segundo o Sergas

Publicado o 29/03/2019 17:35
Galicia supera os cen mortos por gripe desde outubro, segundo o Sergas

Un total de 103 persoas faleceron desde outubro pasado a consecuencia do virus da gripe, informou o Sergas, o órgano da Xunta que xestiona os hospitais e centros médicos públicos. Do total de vítimas, 61 morreron como consecuencia directa de contraer enfermidade e os 42 restantes contraeron o virus pero faleceron por outras patoloxías. De todos eles, 48 non foran vacinados na presente campaña.

Durante a campaña da gripe rexistráronse 2.073 ingresos hospitalarios de pacientes afectados polo virus desde o pasado mes de outubro, dos cales 129 foron atendidos en coidados intensivos. A inmensa maioría deles, 1.883, recibiran unha prescrición para a vacina antigripal, aínda que só foi administrada a 882.

Noticias web

29/03/2019