Galicia supera os 500 casos por 100.000 habitantes e medra a ocupación das UCI
Galicia xa supera os 500 casos de covid por cada cen mil habitantes, o dobre da incidencia en que se entra en risco extremo. Unha semana co ritmo dos contaxios diarios por riba do milleiro aumenta a presión asistencial, sobre todo nas UCI. A área sanitaria da Coruña é das máis afectadas. No CHUAC xa ocuparon os dous espazos que tiñan para estes doentes e habilitaron un terceiro.
"A porcentaxe de ocupación do que son doentes críticos covid en conxunto con estas tres unidades roza o 70 %. En fin, é preocupante", explica David Freire, responsable das UCI do CHUAC.
E advirten de que o peor pode chegar dentro duns días. "Cun promedio de tres ingresos diarios, esta unidade que está agora preparada, en seis días podería estar ocupada", asegura o doutor Freire.
Ademais os que ingresan na UCI permanecen, de media, nela varias semanas. Algúns hospitais están derivando enfermos graves a otros centros ou adiando intervencións cirúrxicas. Catro áreas sanitarias superan a media da incidencia de contaxios galega. Son as de Ferrol, Santiago, A Coruña e Ourense.