CRTVG

Buscar

Galicia supera os 17.000 casos e 930 hospitalizados tras 1.802 contaxios nun día

Publicado o 22/01/2021 10:10

• A presión hospitalaria achégase ao pico de abril, con 53 persoas ingresadas máis ca onte | A positividade supera o 12 %

Galicia supera os 17.000 casos e 930 hospitalizados tras 1.802 contaxios nun día

Galicia volve bater marcas récord en contaxios e casos activos nesta terceira vaga. Tras 1.802 novos contaxios, 1.505 confirmados por PCR, o balance global de casos activos é de 17.125, 1.095 máis ca onte.

Por áreas sanitarias a repartición dos casos é:

• A Coruña: 4.414 (+290)

• Vigo: 3.153 (+211)

• Santiago: 2.843 (+149)

• Ourense: 2.413 (+162)

• Pontevedra: 1.485 (+111)

• Lugo: 1.449 (+88)

• Ferrol: 1.368 (+84)

A presión hospitalaria

A situación nos hospitais segue preocupando. Hai 932 persoas ingresadas, 795 en planta (+51) e 137 nas UCI (+2). Son niveis semellantes aos sufridos no pico de abril.

A cifra de vítimas no que vai de pandemia volveu aumentar tras a notificación do Sergas de 18 falecementos por mor da covid-19. Van 1.584 falecementos no país pola doenza.

 

A positividade, no 12 %

O número de probas PCR realizadas é o segundo máis alto no que vai de pandemia (12.179), só por detrás do notificado onte (12.679). Do total das 12.179 deron positivo 1.505, o que revela unha elevada positividade, que acada o 12,36 %, a máis alta dende que existen datos oficiais.

Por áreas sanitarias, a que máis contaxios confirmou por PCR foi a da Coruña (346), seguida moi de preto pola de Vigo (332).

Mapa de incidencia por concellos