Galicia supera os 12.000 casos, cun aumento dos ingresos hospitalarios e dos positivos
• As áreas de Vigo, A Coruña, Pontevedra e Ourense superan os 2.000 casos cada unha
• Volvemos superar os 1.000 positivos nun día

Seguimos sen ver o cumio da quinta vaga. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 12.037 persoas contaxiadas de covid−19 en Galicia, 951 máis ca onte, tras 1.165 novos positivos detectados.
Por áreas sanitarias a repartición é a seguinte:
Vigo: 2.707 (+217)
Pontevedra: 2.101 (+222)
A Coruña: 2.094 (+196)
Ourense: 2.086 (+72)
Santiago: 1.455 (+98)
Lugo: 1.139 (+116)
Ferrol: 455 (+30)
Máis persoas en planta
Volven aumentar o número de pacientes ingresados por mor da covid−19. Hai 149 persoas: 128 en planta (+9) e 21 nas UCI (=). Non tiñamos tantas persoas en planta dende hai exactamente dous meses (20 de maio).
O Sergas non notificou este martes ningún falecemento por mor da covid. Polo tanto, a cifra mantense nas 2.443 vítimas da covid−19 no que vai de pandemia no país.
Por riba do 16 %
Xa van catro días por riba do 16 % de positividade, máis do triplo do recomendado pola OMS. Das 6.222 probas PCR realizadas (+339), 1.008 deron positivo. Isto representa un 16,20 % do total.