Galicia supera as 2.600 mortes na pandemia tras rexistrar catro falecementos
Publicado o 10/09/2021 20:22

O Sergas notificou esta tarde catro novos falecementos pola covid-19, o que eleva a 2.602 as vítimas no que vai de pandemia na comunidade. En concreto hoxe faleceron un home de 90 anos no CHUS, un varón de 88 anos na residencia As Gándaras de Lugo, unha muller de 72 anos, no CHUAC e un home de 81 anos na residencia Domis Vi Monforte. Todas elas tiñas patoloxías previas, segundo informou Sanidade.