CRTVG

Buscar

Galicia súmase á Semana Europea da Prevención dos Residuos

Publicado o 18/11/2019 20:21

Apostar por un xeito de consumo que reduza a cantidade de residuos que xeramos. Este é o obxectivo da Semana Europea da Prevención de Residuos que se celebra simultáneamente en diferentes cidades e concellos europeos e á que, unha ano máis, se suma Galicia. Prolongar a vida útil dos produtos, separar correctamente os refugallos ou aproveitar as sobras dos alimentos. Son algunhas das recomendacións que centrarán as campañas de sensibilización que chegarán aos concellos galegos.

Locais de hostalaría da cidade da Coruña participan no proxecto 'Come e leva' para que os clientes non deixen ningún resto de comida no prato.

Aproveitamento de alimentos tamén para os profesionais da cociña. Cada vez son máis os que se suman a este consumo responsable.

A iniciativa enmárcase na Semana Europea da Prevención dos Residuos, que tamén chegará a outras cidades e concellos galegos para sensibilizar o consumidor do beneficio para o medio ambiente de reducir ao máximo os restos xerados. Tanto no fogar, alongando a vida dos produtos ou separando os refugallos, como no lugar de traballo ou na compra, apostando polos produtos a granel e de proximidade.

Noticias web

18/11/2019