CRTVG

Buscar

Galicia suma seis novas mortes pola covid−19, e o total ascende a 1.211

Publicado o 30/11/2020 20:25
Galicia suma seis novas mortes pola covid−19, e o total ascende a 1.211

O Sergas notificou o falecemento de seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus nas últimas horas en Galicia. 

Coas novas mortes rexistradas, o total de vítimas mortais do virus desde o inicio da pandemia ascende a 1.211.

Os falecidos son un home de 79 anos no CHUAC, un home de 86 anos no hospital HM-Modelo-Belén da Coruña, un home de 92 anos no Hospital da Mariña que procedía da residencia San Cibrao de Cervo, un home de 87 anos no CHUO, un home de 56 anos no CHUVI e unha muller de 96 anos tamén no CHUVI.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

Ademais, o Sergas confirmou que a muller de 92 anos que faleceu no Hospital da Mariña e de cuxa morte informou o sábado procedía da residencia San Cibrao de Cervo.