CRTVG

Buscar

Galicia suma outros seis falecidos con covid−19 e o total ascende a 1.179

Publicado o 26/11/2020 20:39
Galicia suma outros seis falecidos con covid−19 e o total ascende a 1.179

O Sergas notificou esta tarde o falecemento de seis persoas que foran diagnosticadas con coronavirus en Galicia.

Coas novas mortes rexistradas, o total de vítimas na comunidade autónoma ascende a 1.179 desde o inicio da pandemia.

Os falecidos en hospitais foron un home de 70 anos ingresado no CHOP, un home de 102 anos no Hospital de Monforte, unha muller de 88 anos no CHUS, un home de 63 anos no CHUAC e unha muller de 90 anos no CHUVI que procedía da residencia Ballesol de Vigo.

En centros residenciais faleceu un home de 79 anos no Cegadi, en Santiago, que procedía da residencia de San Salvador de Guntín.

Todos eles tiñan patoloxías previas.