CRTVG

Buscar

Menos de 100 pacientes hospitalizados e menos de 1.000 en seguimento domiciliario en Galicia

Publicado o 20/05/2020 13:07

• Un falecemento nas últimas tres xornadas eleva a 608 as vítimas mortais

• Nas últimas 24 horas certificáronse 130 novas curacións

Galicia rexistrou unha única morte nas tres últimas xornadas, o que sitúa a cifra total de vítimas en 608. O último falecemento é o dun home de 81 anos que estaba ingresado no CHUAC.

Continúa o descenso de casos activos, que se sitúan a día de hoxe en 1.063 (-73).

Nas residencias houbo unha notable redución de enfermos entre os usuarios, na actualidade 125 (-30), e tamén entre os profesionais, con 100 contaxiados (-11).

A distribución por áreas sanitarias é a seguinte:

• Vigo: 290 (-38).

• A Coruña: 285 (+2).

• Ourense: 171 (-19).

• Santiago: 168 (-8).

• Lugo: 69 (-3).

• Pontevedra: 51 (-5).

• Ferrol: 29 (+2).

Do total de pacientes positivos, 16 (+1) permanecen en UCI, 79 (-13) están en unidades de hospitalización e 968 (-61) no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.411 (+130) persoas curadas.

O número de PCR realizadas é de 128.856.