CRTVG

Buscar

Galicia suma 24 novos falecementos por coronavirus nos últimos catro días

Publicado o 18/01/2021 21:23
Galicia suma 24 novos falecementos por coronavirus nos últimos catro días

O Servizo Galego de Saúde informou de 24 novos falecementos por mor da covid-19. Estas mortes non se produciron exclusivamente na xornada de hoxe, senón que algunhas delas ocorreron nos últimos catro días e non foron validadas ata hoxe por Saúde Pública, tras asegurarse de que foran debidas ao coronavirus. Con estes, o número total de decesos causados polo coronavirus ascende a 1.536 na nosa comunidade autónoma.

• O día 14 falecía unha muller de 93 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo que procedía da residencia Moledo de Vigo.

• O día 15 morrían un home de 63 anos no hospital Vithas Fátima de Vigo, unha muller de 83 anos na residencia San Bartolomeu de Xove e un varón de 88 anos no CHUF.

• O día 16 falecían un home de 86 anos no CHUAC e unha muller de 94 anos na residencia DomusVi de Vimianzo.

• Na xornada de onte morrían 13 persoas. Os decesos son os dun home de 79 anos no CHUF, un varón de 61 anos no CHUS, un home de 84 anos na residencia de maiores de Ribeira, un varón de 83 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago -procedente da residencia de maiores de Ribeira-, un home de 87 anos na residencia integrada CEGADI -procedente da residencia San Bartolomeu de Xove-, un home de 82 anos no CHUVI, un varón de 66 anos no CHUVI -procedente da residencia Paz y Bien de Tui-, unha muller de 74 anos no CHUS, unha muller de 91 anos na Residencia de Maiores Santa María de Verín, unha muller de 92 anos na residencia Santa Teresa de Jornet na Coruña, un home de 87 anos no CHUAC, unha muller de 90 anos na residencia DomusVi de Vimianzo e unha muller de 91 anos no CHUF.

• Na xornada de hoxe, perdían a vida unha muller de 92 anos no CHUAC, unha muller de 57 anos no CHOP, un home de 87 anos no CHUS, unha muller de 84 anos no CHUF e un varón de 81 anos na residencia Santa Teresa de Jornet na Coruña.

Segundo informa Sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas agás a muller de 57 anos que falecía hoxe no CHOP.