CRTVG

Buscar

Galicia só produce o 20% do año e cabrito que consome

Publicado o 30/07/2021 21:02

Cada galego consume ao ano 1,3 quilos de año ou cabrito. Pero só o 20% desa carne se produce en Galicia. E no último ano, a cabana ovina e cabrún baixou un 17%, quedando por baixo dos 200.000 animais. Sen embargo, dende o sector din que a marxe de crecemento é enorme e que hai terreo e mercado abondo mesmo para dobrar o número de explotacións actuais. Con máis volume pódese comercializar mellor e chegar a novos puntos de venda.

Cabras e ovellas adáptanse a case calquera terreo polo que o abondoso monte que hai en Galicia sen aproveitar pode ser a base para as novas explotacións. A produción é aínda insuficiente para acceder de xeito masivo á restauración por eso cren que cantas máis cabezas de gando, mellor se poderá acceder aos restaurantes.

Estes días estanse a impartir cursos de incorporación os sectores ovino e cabrún por toda Galicia. Neles insisten no labor de captura de CO2 que realizan estes sistemas de cría e o seu papel na prevención de lumes forestais.

Noticias web

30/07/2021