CRTVG

Buscar

Galicia será o "país de honor" na edición número 49 do Festival Intercéltico de Lorient

Publicado o 02/07/2019 14:52

Galicia será o "país de honor" na edición número 49 do Festival Intercéltico de Lorient. Unha vintena de formacións galegas actuarán este ano no histórico encontro bretón, unha oportunidade que a Xunta quere aproveitar para promocionar a riqueza cultural e turística de Galicia.

2019 será o ano de Galicia no Festival de Lorient. Máis de 300 artistas desprazaranse á Bretaña francesa, do 2 ao 11 de agosto, para participar no meirande encontro das nacións celtas.

Milladoiro, Carlos Núñez, Mercedes Peón ou Tiruleque terán unha presenza destacada no cartel deste ano. Serán os embaixadores da cultura galega nun evento que servirá, ademais, para dar a coñecer o potencial turístico de Galicia. O festival contará cun pavillón de Galicia onde a música compartirá protagonismo coa arte e a gastronomía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019