CRTVG

Buscar

Galicia, segunda produtora en España de ovo ecolóxico

Publicado o 01/04/2019 15:52

Jose Ángel, de Sobrado, é un dos 26 produtores que apostaron polo ovo ecolóxico no país. Ten 1.200 poñedoras que entran e saen libremente destes currais, onde, ademais de herba, comen o cereal ecolóxico que el mesmo cultiva nas leiras da contorna.

Pecha o ciclo clasificando, envasando e distribuíndo a súa propia marca de ovos. Dúas veces por semana fai o reparto por pequenas tendas das provincias da Coruña e Lugo, onde ten unha clientela fiel que valora a crianza tradicional, a frescura e a cor destes ovos.

No último ano, a produción de ovo ecolóxico medrou un 13%. Un exemplo máis de que o ecolóxico chegou para quedar, no noso agro e tamén nas nosas mesas, onde os ovos de galiñas sen gaiolas non deixan de sumar adeptos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019