CRTVG

Buscar

Galicia rexistra catro falecementos e suma nun día 155 casos activos

Publicado o 29/08/2020 11:34
Galicia rexistra catro falecementos e suma nun día 155 casos activos

 

 O coronavirus deixa catro falecementos nas últimas 24 horas en Galicia. Esta tarde morría no hospital de Lugo unha muller de 83 anos, usuaria da residencia do Incio, e que tiña patoloxías previas. A este falecemento engádese o dun home no Hospital de Monforte, tamén da residencia do Incio. Asi son cinco os mortos como consecuencia do Covid-19 no citado centro de maiores.

Ademáis tamén faleceron unha muller de 85 anos ingresada no CHUAC e un home de 71 no hospital de Ourense. A cifra total de falecidos en Galicia desde o comezo da pandemia sobe a 639 persoas. Este sábado os casos activos en Galicia volven subir, hai 155 máis, o que eleva a cifra total a case 3.300 casos. A cifra de novos positivos ascende a 304

Aumentan tamén os hospitalizados, 12 máis, tres deles na UCI. Tamén aumentan os pacientes recuperados que roldan os 12.500, son hoxe 146 máis. Soben os casos activos en todas as áreas sanitarias, a que máis en Lugo. Fréase a suba na área da coruña-Cee e na de Santiago-Barbanza.