CRTVG

Buscar

Galicia Sabe permitirá aos turistas coñecer a nosa comunidade a través da comida e a bebida

Publicado o 02/12/2019 15:27

Converter Galicia nun referente internacional do turismo gastronómico e desenvover o medio rural. Eses son os piares da estratexia de turismo enogastronómico Galicia Sabe que está a desenvolver a Xunta. Unha das principais accións é a creación de rutas que permitan coñecer o territorio a través dos lugares onde se producen os alimentos e onde se poden degustar. É o caso da ruta do mel e o queixo que abrangue diferentes concellos da provincia de Lugo e que se presentou hoxe no Castelo de Pambre.

"Poñer en valor a forza que sempre tivo a enogastronomía en Galicia cunha metodoloxía e unha folla de ruta que nos vai permitir orientar as accións públicas e privadas para potenciar a gastronomía como un referente turístico, cultural e económico do conxunto de Galicia."

O conselleiro lembrou que a clave da gastronomía galega son as materias primas, polo que a estratexia contempla que as rutas sirvan de pulo para as comarcas rurais onde se producen os alimentos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019