CRTVG

Buscar

'Galicia sabe amar', a campaña para incentivar o consumo de produtos do mar

Publicado o 06/08/2021 15:40

Namorarnos dos nosos produtos do mar pola súa calidade e variedade é o principal reclamo da nova campaña da Xunta que incide na importancia de comer peixes e mariscos. Un reclamo turístico, xa que é o segundo motivo, despois da natureza, polo que os visitantes escollen a nosa comunidade.

"Sabemos amar, en moitísimos sentidos, e sabemos darlle ao mar todo o que nos da a nós e sacarlle partido", defende Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.

Consumir produtos do mar é un piar para ter unha alimentación saudable e equilibrada. Ademais mercar peixe e marisco galegos forma parte da nosa identidade.

"O consumo dos produtos do mar é un acto moi noso, un acto co que reivindicar que encher a cesta da compra con produtos do mar é unha decisión intelixente que demostra que sabemos recoñecer e optar por unha alimentación de calidade", explica Rosa Quintana, conselleira do Mar.

En Galicia consumimos máis peixe e marisco que no resto das comunidades de España, con todo son os máis novos os que menos o comen. A diversidade dos produtos do mar permítenos elaborar pratos da máxima calidade nas nosas casas ou nos mellores restaurantes, quen se resiste?

Noticias web

06/08/2021