CRTVG

Buscar

Galicia anda polos 15.000 casos nunha xornada con récord de contaxios (+1.372)

Publicado o 20/01/2021 10:30

• A presión hospitalaria segue disparada, con 828 persoas ingresadas

• A positividade leva xa máis dun mes por riba do 5 % 

• Xornada récord: máximos en casos, contaxios e PCR

 

Galicia anda polos 15.000 casos nunha xornada con récord de contaxios (+1.372)

Outra nova xornada constata a mala evolución epidemiolóxica de Galicia. Volvemos superar os 1.000 contaxios, esta vez cunha cifra récord: 1.372. O balance, polo de agora, de casos é de 14.975, 900 máis ca onte, o maior número no que vai de pandemia.

Por áreas sanitarias, a repartición dos casos activos é:

A Coruña: 3.839 (+306)

• Vigo: 2.776 (+180)

Santiago: 2.593 (+86)

Ourense: 2.107 (+147)

Lugo: 1.273 (+63)

Pontevedra: 1.195 (+50)

Ferrol: 1.192 (+68)

Presión hospitalaria disparada

O número de persoas ingresadas nos hospitas galegos non para de medrar: hai 828 persoas ingresadas, 696 en planta (+32) e 132 nas UCI (+18). Son niveis próximos aos de mediados de abril, cando o impacto da primeira vaga chegou a levar aos hospitais máis de 1.100 persoas no país.

A cifra de vítimas da pandemia acada as 1.550 persoas, logo de que o Sergas notificara onte o pasamento de 14 persoas por mor da covid−19.

Un mes por riba do 5 %

Dos 1.372 novos contaxios, 1.104 foron confirmados por PCR, o cal revela unha taxa de positividade do 9,33 % das PCR, ao realizárense onte 11.830 probas PCR (+2.011 respecto a onte). Así, a positividade leva trinta días consecutivos por riba do 5 %, limiar máximo recomendado pola OMS.

Mapas de incidencia acumulada e restricións