CRTVG

Buscar

Galicia roza o 70 % da poboación diana vacinada con pauta completa contra a covid

Publicado o 27/07/2021 12:14
Galicia roza o 70 % da poboación diana vacinada con pauta completa contra a covid

Galicia achégase ao 70 por cento da poboación diana vacinada contra a covid−19 con pauta completa. Son en total 1.697.054 persoas, que supoñen o 69,14 % dos cidadáns que se deben inmunizar e 11.617 máis que as rexistrados o día anterior.

Segundo os datos actualizados este martes á mañá pola Consellería de Sanidade, ata este luns administráronse 3.411.262 doses das 3.527.015 recibidas.   

A última xornada de vacinación centrouse en completar pautas, ao sumar 11.617 persoas máis co proceso finalizado.   

Ata esta data recibiron polo menos unha dose 1.622.036 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 94,29 % das 1.720.101 chamadas a vacinar na comunidade galega a partir desa idade, segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade.   

Así mesmo, foron vacinadas 136.956 persoas de 35 a 39 anos e 76.569 de 30 a 34 anos, que supoñen 213.525 cidadáns de 30 a 39 anos, un 66,04 % duns 323.300 que se deben inmunizar en Galicia nesa franxa de idade. 

Tamén recibiron polo menos unha dose 17.181 persoas de 25 a 29 anos, 9.736 de 20 a 24 anos, 1.596 de 15 a 19 anos e 164 de dez a 14 anos.   

Polo tanto, 1.864.238 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid−19 no conxunto de Galicia; constitúen un 75,95 % da poboación diana que se debe vacinar na comunidade autónoma galega.

Noticias web

27/07/2021