CRTVG

Buscar

Galicia rexistrou 58 accidentes durante a fin de semana, con 79 feridos

Publicado o 09/12/2019 17:53
Galicia rexistrou 58 accidentes durante a fin de semana, con 79 feridos

O 061 atendeu 79 persoas feridas nos 58 accidentes rexistrados nas estradas galegas durante esta ponte. O sábado e o domingo foron as xornadas con mais sinistros. A maioría dos feridos atendidos polo 061 tiveron que ser ingresados en centros sanitarios. Só 22 recibiron asistencia no lugar do accidente, sen precisar traslado. Home e maior de 40 anos é o perfil dos sinistrados.

Noticias web

09/12/2019