CRTVG

Buscar

Galicia rexistra un 85% de ocupación na Semana Santa

Publicado o 23/04/2019 21:42

Segundo o Clúster de Turismo, Galicia rexistrou durante a Semana Santa un dos mellores datos de ocupación dos últimos anos: un 85%. Tamén destaca que os establecementos superaron as previsións ata en 10 puntos en relación ao mesmo período do ano pasado.

As procesións e o bo tempo influíron positivamente nestes datos que, segundo o informe, se deben en gran medida ás reservas de última hora. Con todo, desde o Clúster apuntan que cada vez máis viaxeiros elixen Galicia como destino das súas vacacións, á marxe do bo tempo.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019