CRTVG

Buscar

Galicia rexistra o número máximo de falecidos con coronavirus nun só día

Publicado o 26/03/2020 20:23

• Nas últimas 24 horas confirmáronse dez mortes por causa desta epidemia

• Son 43 as vítimas mortais na nosa comunidade, que supera os 1.800 casos

A morte dun home de 97 anos, que estaba ingresado na Coruña, eleva a dez as vítimas mortais do coronavirus na xornada deste xoves en Galicia, onde a cantidade de falecidos pola pandemia alcanza os 43. As autoridades sanitarias informan de que este último falecido estaba diagnosticado de coronavirus, pero padecía patoloxías previas e estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Este xoves, a xornada en que ata o momento faleceron máis persoas en Galicia con COVID-19, morreron outras nove persoas: outros sete homes e dúas mulleres, todos eles con patoloxías previas. En concreto, morreron tres homes de 84, 63 e 81 anos ingresados no CHUAC, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Tamén morreron un home de 74 anos que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, outros dous de 87 anos ingresados no Complexo Hospitalario de Ferrol (CHUF) e no Hospital Policlínico A Rosaleda, e outro de 57 que era atendido no Álvaro Cunqueiro de Vigo. Pola súa banda, no Policlínico A Rosaleda morreu unha muller de 89 anos e no CHUAC outra de 72 anos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020