Galicia rexistra novo récord: 16.030 casos tras 1.727 contaxios nun día
• A presión hospitalaria segue disparándose: 879 (+51)
• Non se reduce a positividade, que segue por riba do 10 %

Galicia volver marcar un novo máximo de casos activos nesta pandemia tras un novo récord de contaxios en 24 horas: houbo 1.727, dos cales 1.354 foron confirmados a través dunha proba PCR.
Así, Galicia salta dos 14.975 aos 16.030 casos activos nun só día, 1.055 máis ca onte. Por áreas sanitarias:
• A Coruña: 4.124 (+285)
• Vigo: 2.942 (+166)
• Santiago: 2.694 (+101)
• Ourense: 2.251 (+144)
• Lugo: 1.361 (+88)
• Pontevedra: 1.374 (+179)
• Ferrol: 1.284 (+92)
A presión hospitalaria, disparada
O forte incremento de casos que sofre o país nesta terceira vaga está a notarse nos hospitais galegos. Hai 879 persoas ingresadas, 744 en planta (+48) e 135 nas UCI (+3), cifras que se asemellan ás de abril do ano pasado.
Tamén sobe a 1.566 o número de vítimas da pandemia tras a notificación do Sergas de 16 falecementos onte por mor da covid-19.
Récord de PCR e positivos confirmados
Segundo os últimos do Sergas, o número de probas PCR realizadas onte foi de 12.679, 849 máis ca onte. Delas, deron positivo 1.354, o que marca dúas novas cifras récord, en cantidade e en positivos confirmados.
A positividade segue disparada: 10,68 %.