CRTVG

Buscar

Galicia rexistra dous casos activos máis e as residencias quedan libres do virus

Publicado o 30/06/2020 11:43

Aumentan en dous os casos activos de coronavirus en Galicia e xa son 314. Os descensos leves en Vigo (-2), A Coruña e Ourense (-1) son insuficientes para contrarrestar a repunta da área sanitaria de Lugo (+5) polo brote da Mariña. Tamén se rexistrou un caso máis en Pontevedra. 

Todos os enfermos están sendo tratados na casa, agás catro que permanecen hospitalizados en planta, fóra das unidades de coidados intensivos.

Pero a novidade na estatística de hoxe é que por primeira vez xa non hai ningún usuario das residencias de Galicia afectado polo virus, cando a mediados de abril os positivos superaban os mil. Unicamente queda un traballador das residencias infectado.

Os curados en total ascenden a 10.623, ou sexa, oito máis ca onte. A cifra de falecidos mantense en 619 desde hai 20 días.