CRTVG

Buscar

Aumentan a 533 os casos activos en Galicia tras dispararse na área da Coruña (+69)

Publicado o 08/08/2020 11:43

• Hai 89 casos activos máis con respecto aos datos do venres

• A área sanitaria da Coruña conta cun total de 246 casos activos

Galicia rexistra 533 casos activos de coronavirus este sábado, segundo a última actualización dos datos do Sergas. Isto supón 89 casos máis con respecto ao venres, o maior incremento dende o 25 de abril. Co de hoxe xa son 16 días seguidos nos que Galicia anota unha suba nos casos activos. A repartición por áreas sanitarias quedaría do seguinte xeito:

A Coruña: 246 (+69)

Lugo: 79 (+7)

Ourense: 37 (+3)

Pontevedra: 44 (+1)

Vigo: 81 (+3)

Santiago: 40 (+5)

Ferrol: 6 (+1)

Dentro do total de positivos, hai 1 vencellado a un usuario dunha residencia e 2 atribuidos a profesionais, segundo avanzan os datos do Sergas. No tocante a hospitalizacións, hai 3 persoas na UCI, 25 en unidades de hospitalización e 505 no domicilio. A día de hoxe, curáronse en Galicia 11.403 persoas e faleceron 620 persoas. En total, realizáronse 262.510 probas PCR.