CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 61 falecementos e 2.925 persoas infectadas

Publicado o 29/03/2020 14:34

A área sanitaria da Coruña continúa sendo a que máis vítimas mortais rexistra. Esta fin de semana 5 persoas infectadas faleceron no Complexo Hospitalario da cidade. A última morte foi a dun home de 82 anos rexistrada esta mañá. En total a cifra de falecementos desde o inicio nesta área é de 24. Séguea a de Santiago, con 9 mortes, 8 en Ourense, 7 en Ferrol, 6 en Pontevedra, 4 na de Lugo e 3 na de Vigo.

A cifra de contaxiados aumentou desde onte en 300 persoas e Galicia aproxímase xa aos 3.000 casos. Vigo é a que máis rexistros ten con 681, seguida da Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra, Lugo e Ferrol.

En función da gravidade, nestes momentos hai 122 persoas ingresadas na UCI, 12 máis ca onte, 707 hosptalizadas en planta e 2096 que pasan a enfermidade nas súas casas.

O aumento de altas tamén é notable, 153 desde o inicio da crise. Nas últimas 24 horas déronse 57 novas, máis da metade en Vigo.
 

Noticias web

29/03/2020