CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 585 mortos e 2.808 casos activos de coronavirus

Publicado o 06/05/2020 20:50

• A cifra total de contaxios apenas varía, pero cambian os datos por áreas

• Hai 236 persoas hospitalizadas, 30 delas en UCI

A cifra de vítimas mortais do coronavirus en Galicia ascende a 585 persoas, logo da morte nas últomas horas de tres persoas diagnosticadas por coronavirus nos hospitais. Son un home de 92 anos  que estaba ingresado no CHUF, unha muller de 95 anos que estaban ingresados no CHUO, e un home de 69 anos da Área Sanitaria de Lugo, que faleceu no seu domicilio. Todos eles tiñan patoloxías previas, segundo informou o Sergas.

O número de casos activos apenas variou desde onte. Hai 2.808 contaxiados activos, 11 menos ca na xornada de onte. O que si variou substancialmente é a relación de casos nas áreas sanitarias de Vigo, con 85 contaxiados activos máis, e de Ourense, con 79 menos.

A distribución por áreas sanitarias é a seguinte:

• Vigo: 781 casos (+85).

• A Coruña: 658 casos (-11).

• Ourense: 462 casos (-79).

• Santiago: 455 (+4).

• Lugo: 166 casos (-13).

• Pontevedra: 160 casos (+5).

• Ferrol: 126 casos (-2).

Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI (-7), 206 están en unidades de hospitalización (-20) e 2.572 no domicilio (+16).

O número de persoas curadas ascende a 6.802 persoas curadas (+241).

O número de PCR realizadas é de 107.957, 1.876 delas na xornada de onte.