CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 45 accidentes mortais no que vai de ano, nove máis que o pasado

Publicado o 01/09/2021 21:43
Galicia rexistra 45 accidentes mortais no que vai de ano, nove máis que o pasado

Galicia rexistrou 45 accidentes mortais no que vai de ano, nove máis ca o pasado exercicio. Tamén aumenta o número de falecidos.

Nas estradas da nosa comunidade faleceron neste período 49 persoas, 11 máis que en 2020. Só no mes de agosto houbo seis accidentes mortais con seis falecidos en vías interurbanas.

As provincias con máis sinistralidade son Pontevedra e A Coruña. En Lugo e Ourense non se rexistraron vítimas mortais neste mes. As principais causas de accidente foron saídas de vía.

 

Noticias web

01/09/2021