Galicia rexistra 4.259 casos activos cunha maior suba en Ourense (+34)
• Falece unha persoa na residencia de maiores DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei

Galicia rexistra este xoves 4.259 casos activos segundo a última actualización dos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Isto supón oito casos activos máis ca onte. Por outra banda, hai 195 novos contaxios.
Sanidade informa dun falecemento na xornada de onte na residencia de maiores DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei. En total, faleceron 747 persoas en Galicia dende o inicio da pandemia.
O repartimento dos casos activos por áreas sanitarias é o seguinte:
• A Coruña: 964 (-11)
• Lugo: 524 (-13)
• Ourense: 799 (+34 )
• Pontevedra: 795 (+9)
• Vigo: 514 (+11)
• Santiago: 534 (-3)
• Ferrol: 129 (-19)
No tocante a hospitalizacións, hai 33 persoas na UCI (+6), 203 en unidades de hospitalización (-7) e 4.023 en seguimento domiciliario. En total, curaron 19.129 persoas e realizáronse 486.731 probas PCR.