CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 27 mortos por coronavirus e suma máis de 1.500 contaxios

Publicado o 25/03/2020 09:17

En Galicia xa se superan os 1.500 casos de coronavirus e hai 27 mortos, os dous últimos no CHUAC da Coruña e unha terceira vítima en Ourense, ademais doutro no hospital Lucus Augusti. Segundo os datos oficiais, o Sergas leva contabilizados 1.521 casos este martes.

Os dous pacientes que estaban ingresados no Centro Hospitalario Universitario da Coruña son un home de 92 anos e unha muller de 83; un home de 78 anos que estaba ingresado no hospital Lucus Augusti e un varón de 90 que estaba ingresada no CHUO son as outras vítimas. Súmanse unha muller de 91 anos no hospital de Ferrol e un home de 83 da Mariña.

Todos superaban os 70 anos, agás un deles, que tiña 61, e a característica que une os falecidos é que tiñan patoloxías previas.

Noticias web

25/03/2020