CRTVG

Buscar

Dous falecementos elevan a 588 o número de vítimas por coronavirus en Galicia

Publicado o 07/05/2020 11:35

• Hai 28 pacientes en UCI e 205 en unidades de hospitalización

• Preto de 7.000 persoas superaron a enfermidade

Esta tarde faleceron dúas persoas diagnosticadas con coronavirus nos hospitais galegos. Trátase dunha muller de 89 anos, que estaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo, e dun home de 62 ingresado no CHUO. Ambos tiñan pataloxías previas, segundo informou o Sergas. 

Con estes falecementos, o número total de vítimas ascende a 588,  456 en atención hospitalaria e 132 en centros de maiores

O número de casos activos de coronavirus é de 2.747, 61 menos ca onte.

A distribución por áreas sanitarias é a seguinte:

• Vigo: 761 casos (-20).

• A Coruña: 643 casos (-15).

• Ourense: 450 casos (-12).

• Santiago: 448 casos (-7).

• Lugo: 170 casos (+4).

• Pontevedra: 151 casos (-9).

• Ferrol: 124 casos (-2).

Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 205 están en unidades de hospitalización e 2.514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.959 persoas curadas.

O número de PCR realizadas é de 109.896.