CRTVG

Buscar

Galicia retoma o luns o proceso de admisión de alumnos e a presenza da directiva nos centros

Publicado o 06/05/2020 18:09
Galicia retoma o luns o proceso de admisión de alumnos e a presenza da directiva nos centros

O próximo luns 11 de maio reábrese o prazo para pedir colexio para os que aínda non presentaran a solicitude de matrícula. Pódese tramitar de forma telemática ou presencial, acudindo ao centro que se elixa en primeiro lugar. Se Galicia entra na fase 1 da desescalada está previsto que haxa sempre persoal administrativo ou da direción en cada centro, en horario só de mañá. O prazo rematará o luns seguinte incluído, isto é, o 18 de abril.


 

Noticias web

06/05/2020