CRTVG

Buscar

Galicia reduce os casos activos, malia a repunta nos positivos, e mellora a presión asistencial

Publicado o 20/05/2021 10:10

• Só soben os casos activos nas áreas de Vigo (+14) e Ferrol (+4)

• Baixa o número de peroas nas UCI ata as 31, seis menos ca onte

Galicia reduce os casos activos, malia a repunta nos positivos, e mellora a presión asistencial

Melloran os datos da pandemia nesta xornada. Segundo o Sergas, hai 2.701 persoas con covid−19 en Galicia, 41 menos ca onte, malia detectárense 183 novos positivos, 167 confirmados cunha proba PCR. A razón está na suba importante de altas nas últimas 24 horas (226).

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

A Coruña: 5968 (-30)

Vigo: 831 (+14)

Ourense: 211 (-10)

Santiago: 440 (-3)

Lugo: 168 (-1)

Pontevedra: 395 (-17)

Ferrol: 88 (+4)

Menos persoas na UCI

No tocante á situación nos hospitais galegos, a presión asistencial prosegue a súa tendencia á baixa, cun descenso importante nas camas UCI ocupadas por pacientes con covid19 (32, seis menos ca onte). En planta hai 128 persoas ingresadas, catro máis.

Sanidade non informou de ningún pasamento por mor da covid-19 na xornada de onte. Así, a cifra global de vítimas da pandemia no país mantense en 2.409.

Por debaixo do 3 %

A positividade segue manténdose en niveis inferiores ao limiar máximo recomendado pola OMS do 5 %. Así, das 5.810 probas PCR realizadas, 1.226 máis ca onte, deron positivo 167, o cal revela unha taxa de positividade de 2,87 %.

Mapas de incidencia acumulada