Galicia reduce lixeiramente os casos activos, os positivos e os ingresos na UCI
• Baixan nas áreas de Vigo, Ferrol e Lugo
• A taxa de positividade, no 2,50 %

A situación epidemiolóxica en Galicia mantén certa estabilidade. Hoxe o Sergas informa de que hai 3.064 galegos e galegas con covid-19, oito menos ca onte, tras 194 novo positivos, dos cales 179 foron detectados a través de probas PCR.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:
A Coruña: 705 (+3)
Vigo: 877 (-20)
Ourense: 272 (+1)
Santiago: 408 (+13)
Lugo: 223 (-3)
Pontevedra: 492 (+4)
Ferrol: 87 (-6)
Estabilidade nos hospitais
No que respecta á presión asistencial, a cifra global de pacientes ingresados por mor da covid-19 é a mesma ca onte, 197: 45 están nas UCI (-3) e 152 en planta (+3). Os números en coidados intensivos son os mellores en case dúas semanas.
O falecemento dun home eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.393 en Galicia.
A positividade, en 2,50%
Tampouco hai moita variación no que respecta á evolución da taxa de positividade e os casos detectados por PRC. Das 7.149 probas realizadas (+516, respecto a onte), 179 deron positivo (-18), o que implica unha positividade do 2,50 %, a metade do limiar máximo recomendado pola OMS.