Galicia reduce as baixas por doenzas laborais
O absentismo, a sinistralidade no traballo e as baixas por enfermidade están a aumentar en España, aínda que de xeito desigual en cada comunidade. En Galicia reducíronse as baixas por doenzas laborais, mentres que a taxa de absentismo é similiar á media española, segundo ADECCO.
As baixas por doenzas profesionais medraron en España un 14,4 por cento e seguen aumentando, segundo un informe da empresa de contratación ADECCO. Só baixaron en Galicia, o un 1,8%, Madrid e nas Baleares.
O informe de ADECCO sinala que a taxa media de absentismo laboral é do 5,4% en España, e do 5,3% en Galicia. Para facer fronte a este problema, a empresa propón medidas que melloren a situación laboral e emocional dos traballadores.
"Soamente unha das medidas, a flexibilidade horaria, e entre elas o teletraballo, non só reduce o absentismo, senón que incrementa os ratios do clima laboral de motivación. Unha persoa pode ser moi talentosa, que, se non está motivada, o resultado é cero", explica Javier Blasco, director de ADECCO.
Sobre a recente sentenza do Tribunall Constitucional que abala o despido por absentismo aínda que estea xustificado, o directivo de ADECCO lembra que esta norma está recollida no Estatuto dos Traballadores desde 1977.
"É un tanto sorprendente que unha senteza, que o único que fai e ratificar que a norma é constitucional, pois se organice este rebumbio. Cando lemos na prensa que é primeiro despido despois da sentenza do Tribunal Constitucional, pois, ben, houbo centos ou miles de despedimentos desde o ano 77 e nunca se cuestionou", afirma Blasco.
Nunha xornada celebrada en Santiago, ADECCO avogou por promover a saúde dos traballadores para evitar o absentismo e os despedimentos.