CRTVG

Buscar

Galicia redescobre o seu vínculo con Federico García Lorca

Publicado o 25/10/2019 20:39

A cidade de Pontevedra foi unha das que visitou Lorca no seu periplo por Galicia. Aquí hai programado para mañá un roteiro polos lugares que inspiraron ao poeta granadino, entre eles a emblemática praza da Ferrería en que estamos. Tamén o Café Moderno, que era punto de encontro dos intelectuais galegos da época, ou o Museo de Pontevedra. No Museo celebrouse xa esta tarde unha conferencia do editor Henrique Alvarellos, impulsor da celebración do Día de Lorca en Galicia. Tamén en Lugo afondouse esta tarde no impacto que provocaron en Lorca as súas viaxes a Galicia, que mesmo o animaron a escribir en galego.

No hotel de Lugo no que se hospedou Lorca aínda se conserva o piano no que botou unha tarde tocando.

Quique é editor e sinte un especial ineterese e afecto pola obra e a figura de Lorca

No hotel lugués no que se hospedou Lorca presentouse hoxe unha edición dos seis poemas galegos como a que se fixo no 35

Canda a presentación do libro, houbo unha representación cos poemas cantados, un xeito de traer a Lorca.
Lugo foi o lugar no que Lorca escribiu o primeiro dos seus poemas galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019