CRTVG

Buscar

Galicia recuperará a mediados de 2022 os índices económicos previos á pandemia

Publicado o 23/07/2021 16:30

Galicia terá unha recuperación desta crise sanitaria e económica máis acelerada do previsto. É unha das conclusións do informe que presentou AFundación, de Abanca. O estudo recolle que Galicia tivo un menor impacto económico da pandemia porque depende menos do turismo ca outras zonas e porque mantivo uns altos niveis de exportación. Segundo este traballo, a mediados do próximo ano Galicia recuperará os niveis económicos previos a esta crise. Antes ca o resto de España.

Noticias web

23/07/2021